campo de traballoAmigos da Terra abre o plazo de inscrición para a formación en bioconstrución e autoconstrución que levaremos a cabo a través dun campo de traballo diferente, no que prima o coñecemento de novas técnicas bioconstrutivas e as súas aplicacións prácticas a través da  realización de traballos colectivos.

Ao longo destes 10 días desfrutaremos dun programa variado de formación, animación, lecer, convivencia e participación, á vez que colaboramos cun proxecto no que podemos demostrar outros modelos de desenvolvemento máis respetuosos co medio que compartimos.

O encontro terá lugar en As Corcerizas, proxecto pioneiro no emprego destas técnicas como exemplo que demostra a súa realidade.

Datas: 20-29 Agosto
Prezo: 70 € (inclúe aloxamento e manutención baseada en alimentos procedentes de agricultura ecolóxica e local)
Requisitos: ser maior de idade e ter ganas de vivir unha nova experiencia.
As prazas son limitadas.
Máis información, programa de actividades e inscrición:
Amigos da Terra 988 374 318; info@ascorcerizas.com