Métodos non invasivos para a detección de especies esquivas
Dado o gran éxito das anteriores xornadas de rastros, Amigos da Terra organiza as III Xornadas de Rastros e Sinais da Fauna, que terán lugar o vindeiro día 27 deste mes no Centro.
Dende a asociación queremos indagar máis nos métodos non invasivos existentes para a detección de especies esquivas, especialmente o lobo e o teixugo. Métodos, inofensivos para os animais, e que nos permiten coñecer mellor o comportamento destas especies no seu medio natural.
A interpretación dos diferentes rastros e sinais atopados nos dará información importante sobre comportamentos, perigos, hábitos alimentarios ou territorialidade dalgunhas das especies que forman parte dun ecosistema, neste caso, o lobo e o teixugo. Por este motivo, nesta xornada utilizaremos as novas tecnoloxías, utilizadas nos últimos anos como un dos principais eixes da investigación e o desenvolvemento.
Se ademais queredes aproveitar a fin de semana na Serra San Mamede, Amigos da Terra, ofrece servizo de albergue o sábado pola noite coa posibilidade de facer unha espera ao anoitecer e poñer en práctica algunhas técnicas de muestreo nocturnas.
- Contidos das xornadas:
· Etoloxía do lobo e do teixugo
· Mecanismos non invasivos para o muestreo
· Novas tecnoloxías para o estudio de especies esquivas
· Saída de campo práctica
- Non esquezades:
· Guía de campo
· Xantar.
- Lugar e Horarios:
· 27 de xuño con inicio da xornada ás 10:00 da mañá
- Inscricións:
· Prazas limitadas
· Prezo da xornada de Rastros e Sinais da Fauna: 12 €
Os comentarios estan pechados.