Amigos da terra quixo celebrar este ano o Día das Letras Galegas cun roteiro pola Serra de San Mamede, compartindo cos/as participantes, en torno á trintena, o encanto da primavera na montaña.

Ao longo do traxecto que nos levou ata o pobo de Rebordechao coñecemos algúns dos persoeiros que rondaban a Serra non fai moitos anos, a fauna que habita hoxe en día, usos e recursos, etc…, interpretando unha paisaxe que evidencia a forte pegada do ser humano nestas terras.

Xa no pobo, e logo dun agradable xantar na antiga escola Celso, un veciño reborderiego, ensinounos o forno comunal e as palleiras; achegándonos ao final da visita ate o muíño comunal, onde ao son da pandeireta coñecemos a funcionalidade e importancia dos cursos de auga nos labores diarios e o labor social dos muíños.

E para finalizar a xornada festiva e aliviar as posibles maniotas, as gaitas, bailes e voces dos Serandeiros de Boborás encargáronse de animar a velada e os/as participantes foron pouco a pouco sumándose ao grupo ata facerse os protagonistas da foliada.

Actividade incluída no programa Maio Xove 2010, subvencionado pola Casa da Xuventude de Ourense.