Arquivos de Maio, 2010

Curso “Recursos prácticos para a educación ambiental no tempo de lecer”

O vindeiro venres, 28 de maio, da comezo no centro o curso “Recursos prácticos para a educación ambiental no tempo de lecer”, enmarcado dentro do Plan de formación continua para monitores/as e directores/as de tempo libre que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Este curso pretende poñer en valor as ideas e capacidades dos monitores/as, reforzando o papel como educadores/as e nutrindo a vía para a profesionalización do sector do ocio e tempo de lecer. Ler mais…

Día das Letras Galegas en As Corcerizas


Amigos da terra quixo celebrar este ano o Día das Letras Galegas cun roteiro pola Serra de San Mamede, compartindo cos/as participantes, en torno á trintena, o encanto da primavera na montaña.

Ao longo do traxecto que nos levou ata o pobo de Rebordechao coñecemos algúns dos persoeiros que rondaban a Serra non fai moitos anos, a fauna que habita hoxe en día, usos e recursos, etc…, interpretando unha paisaxe que evidencia a forte pegada do ser humano nestas terras.

Ler mais…

Visitas educativas do Concello de Ourense

O programa de visitas educativas organizado por Amigos da Terra en colaboración coa Concellería de Educación do Concello de Ourense finaliza coa participación de máis de 200 alumnos/as. Ler mais…

Roteiro pola Serra de San Mamede

Co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o día 16 de maio Amigos da Terra convida a todas as persoas a pasar unha xornada en As Corcerizas, onde se mesturará cultura, tradicións e natureza, todo elo recuberto co fío musical popular galego.

O coñecemento ambiental e cultural do noso entorno forman parte do patrimonio, e tamén da nosa identidade, que temos o reto de conservar.

Ler mais…