IES A Carballeira

IES A Carballeira

Cunha xornada educativa sobre as consecunecias e alternativas para facer fronte ao cambio climático, o IES A Carballeira iniciou a semana pasada a o Programa de visitas educativas en As Corcerizas 2010; unha actividade municipal organizada pola concellalía de Educación do concello de Ourense en colaboración con Amigos da Terra.

Ao longo desta primavera, entorno aos 250 alumnos/as de centros escolares ourensáns experimentarán por sí mesmos/as a viabilidade das alternativas existentes para vivir dun xeito máis consciente e respectuoso.

Ao longo da xornada trataranse as temáticas das enerxias renovables, a bioconstrución e o tratamento alternativo de residuos promovendo a capacidade de crítica e aportando solucións aplicables no día día para facer fronte a unha das principiais causas do cambio climático, o consumo excesivo e inconsciente.