Colexio Amor de Dios

Alumnos e alumnas de 1º de bacharelato do Colexio Amor de Dios de Vigo, achegábase por primeria vez o pasado 23 de marzo ao Centro de As Corcerizas para comprobar, de xeito eminentemente práctico, cómo a base científica poder útil para a conservación do medio.

A través do programa Aplicación de metodoloxías científicas para a Conservación do medio natural, integrado na oferta educativa do Centro, cerca de 50 rapaces e rapazas experimentaron, analizaron, comprobaron… dun xeito lúdico e educativo, cómo a ciencia e a investigación poden aportarnos ferramentas altamente valiosas para o coñecemento e conservación do noso entorno local e global.

Colexio Amor de dios

Unha pequena mostra de auga, a observación con detimento do entorno ou mesmo un anaco de terra, poden chegar a aportarnos moi diferentes e interesantes datos que, tras unha adecuada interpretación, se convertirán nunha fonte valiosa de información.

Esta proposta práctica en contacto directo con medio natural, ten entre os seus obxectivos, achegar os coñecementos científicos, moitas veces relegados a un sector reducido, á nosa vida cotiá.