A pasada fin de semana tivo lugar no centro, as II Xornadas de Rastros e Sinais da Fauna, unha das propostas que máis éxito ten entre o público, cubríndose todas as prazas ofertadas. Nesta ocasión, contamos coa inestimable colaboración de Rubén Portas, especialista no estudo do lobo.

O curso constou dunha parte teórica, na que os participantes coñeceron as xeneralidades da fauna, como o comportamento dos animais, a súa bioloxía,etc. e unha parte práctica, na que se realizou unha mostraxe dos indicios e demais rastros que os animais deixan o seu paso.

Durante a saída práctica puidemos recoñecer pegadas e excrementos de corzo, cervo, xabarís, marta, garduña, teixugo, lebre, coello e como non a máis buscada, a pegada de lobo.

Así mesmo, gustaríanos agradecer á asociación AXENA que nos mostrase un pouco do seu traballo e como o uso da tecnoloxía non é incompatible co estudo da natureza.

Dende Amigos da Terra temos previsto outros cursos e xornadas de rastros e sinais da fauna para este ano, manterémosvos informados/as das datas.