O albergue de As Corcerizas abre as súas portas os vindeiros 19, 20 e 21 de marzo co gallo da ponte de San Xosé. Ademais de presentarse como un espazo de relax e desfrute da natureza da Serra de San Mamede, constitúe unha boa opción de agasallo para compartir uns días en familia.

Aproveita esta escapada para deixarte hipnotizar pola súa paisaxe e desfruta dunha visita ao equipamento para coñecer “in situ” un proxecto que demostra a súa realidade.

Reláxate no Balneario de Baños de Molgas, gozando das propiedades terapeúticas das súas augas a través dunha ruta termal: toma de augas mineromedicinais, piscina con chorro, tratamento con barro. Todo isto cun 15 % de desconto en tratamentos de auga.

Así mesmo, o enclave do albergue é ideal para realizar libremente diferentes rutas a pé ou en bicicleta.

Máis información e reservas:
Tfno: 988374318
E- mail: info@ascorcerizas.com

Prazo de inscricións:  xoves 18 ás 12.00 horas