Amigos da Terra convídavos a participar nas II Xornadas de Rastros e Sinais da Fauna o vindeiro 14 de marzo.

Mentres que observar a vexetación é sinxelo, xa que esta forma parte imprescindible da paisaxe, a observación directa da fauna salvaxe no seu medio natural é moito máis complexa, de aquí que un dos métodos máis utilizados polos/as naturalistas, sexa a búsqueda e o estudo dos rastros e pegadas dos animais.

Nesta xornada daremos a coñecer de xeito práctico a actividade dos animais no seu propio medio, á vez que aprenderemos a observar con detemento escenarios, restos e indicios que deixan ao seu  paso.

Se ademais queredes aproveitar a fin de semana na Serra San Mamede, Amigos da Terra ofrece servizo de albergue o sábado pola noite.

CONTIDOS DAS XORNADAS

  • Xeneralidades da fauna
  • Características xerais sobre rastros e pegadas
  • Saída de campo práctica
  • Obradoiro de pegadas

Non esquezades:

  • Guía de campo
  • Xantar

Data: 14 de marzo

Lugar: Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, con inicio da xornada ás 10:00 da mañá

Inscricións:

  • Prazas limitadas
  • Prezo da xornada de Rastros e Sinais da Fauna: 12 €

Ficha de inscricións formato odt
Ficha de inscricións formato doc