Desfruta do teu Entroido en As Corcerizas
O albergue de As Corcerizas abre as súas portas os vindeiros 13, 14, 15 e 16 de febreiro para todas aquelas persoas que queiran disfrutar dos mellores e máis coñecidos carnavais galegos, xa que o albergue atópase no corazón do triángulo máxico do Entroido ourensán, formado polas vilas de Laza, Xinzo de Limia e Verín.
Ademais de descansar, poderedes realizar unha visita ao equipamento de As Corcerizas, onde comprobaredes a viabilidade das enerxías alternativas e a bioconstrución.
E se vos animades, os arredores do albergue son ideais para realizar varias rutas, nas que coñeceredes o contorno natural e cultural máis representativo do Macizo Central Ourensán.
Datas importantes do triángulo máxico do Entroido:
Laza
- Venres: O Folión
- Sábado: A Cabritada
- Domingo: A Estrena
- Luns: A Farrapada, Gitanada dos burros, A morena, A Formigas
- Martes: Testamento do burro, Queimada de Arangaño, Enterro do Entroido
Xinzo de Limia
- Domingo: Domingo corredoiro
- Luns: Desfiles, disfraces, pantallas e carrozas
- Martes: Desfiles, disfraces, pantallas e carrozas
- Mércores: Enterro da sardiña
Verín:
- Sábado: Charangas, bombas e petardos
- Domingo: Desfile de cigarróns e carrozas
- Luns: Fariñada
- Martes: Desfile de cigarróns e carrozas
Para máis información e reservas:
Amigos da Terra
988374318
info@ascorcerizas.com
Os comentarios estan pechados.
about 12 years ago
Querria saber los horarios de los acontecimientos por favor.
Muchas Gracias