Ante a situación de crise enerxética e outros problemas ambientais e sociais relacionados co modelo de “desenvolvmento” actual, debemos identificar e aplicar solucións integrais que nos capaciten, dende xa, para iniciar o cambio cara un modelo de vida máis sustentable e coherente.

Co obxectivo de experimentar e presentar alternativas prácticas para este cambio, o vindeiro 28 e 29 de novembro As Corcerizas acollerá a parte “Accións prácticas para o cambio” do Seminario de cambio climático que deu comenzo no mes de outubro.

ALTERNATIVAS FRONTE A UN MODELO EN CRISE. ACCIÓNS PRÁCTICAS PARA O CAMBIO

Datas: 28 – 29 de Novembro de 2009.

Destinatarios/as: público xeral

Duración: O seminario dará comezo o sábado ás 10:00 horas e rematará o domingo ás 18:00 horas.

Está prevista a acollida dos/as participantes a noite do venres

Contidos:

Enerxía: Visita interpretativa ao equipamento de As Corcerizas

Accións prácticas para o cambio. Experiencias e alternativas reais das enerxías renovables a pequena escala

Resíduos: A onde van os meus residuos?

Accións prácticas para o cambio. Compostaxe e vermicompostaxe

Bioconstrución e hábitos domésticos: Medidas aforro e eficiencia enerxética. Respecto polo medio e a saúde

Accións prácticas para o cambio. Merezo un fogar verde!

Alimentación, agrocombustibles e cambio climático: Encarando o cenit do petroleo. Decrecemento

Accións prácticas para o cambio. Mobilidade e condución eficiente; rodar con aceite; alternativas locais para o consumo consciente e responsable

Ponentes: Faimevi (Fundación Axencia Intermunicipal de Enerxía de Vigo), Empresa Montaxes Lagoa – enerxías renovables, Asociación Véspera de Nada, grupos de consumo responsable/consciente de Galicia (Zocamiñoca, Eirado, Semente), Amigos da terra.

Programa: Accións prácticas para o cambio

Prezo: 25 € para socios/as e 30 € para o resto de participantes, por cada parte. Inclúe desprazamento dende Ourense, aloxamento, e alimentación ecolóxica local e comercio xusto, na medida do posible.

Envía a túa ficha de incrición a:

info@ascorcerizas.com

Fax: 988 51 10 20

Dirección postal: Rúa Concordia nº20, 2ª esq. 32003 Ourense

Ficha de inscrición: Formato odt, Formato pdf, Formato doc

O número de plazas é limitado.

Ante a situación de crise enerxética e outros problemas ambientais relacionados co modelo de “desenvolvemento” actual, podemos e debemos identificar e aplicar solucións integrais, que conduzan cara outros paradigmas. O Centro de Educación Ambiental As Corcerizas mostra algunhas alternativas prácticas para minimizar o noso impacto ambiental e social, puidendo incorporalas na nosa toma de decisións imprescindibles para este cambio.