Amigos da Terra participará mañá sábado 7 de novembro na quinta xornada “Terra e Cultura Sustentable 2009” que organiza a Asociación Cultural Os Ameios, dentro dunha mesa redonda expoñendo o sistema de macrófitas para a depuración de augas residuais.

As xornadas “Terra e Cultura Sustentable” 2009, son de balde e para todos os públicos. Teñen un compoñente temático común que é a sustentabilidade. Estas xornadas están deseñadas como un evento aberto e inclusivo, as distintas actividades conforman unha proposta para a INTEGRACIÓN SOCIAL da cidadanía na reflexión sobre a sustentabilidade.


A Asociación Cultural Os Ameios, chama á responsabilidade das administracións e dos medios de comunicación, en visibilizar aquelas accións claras de reflexión e traballo pola sustentabilidade. A sustentabilidade non ocorre por si soa, é un traballo no cal todas ás súas dimensións deben de se procurar de xeito integral. A integración social, a exaltación dos valores culturais e artísticos, o lecer, a educación e a reflexión técnica para a sustentabilidade son todos eles valores e obxectivos que se amosan nas xornadas.

Máis información