Xornada de micoloxía en As Corcerizas
O pasado 25 de outubro, Amigos da Terra levou a cabo con gran éxito as “II Xornadas de Micoloxía e boas prácticas no monte”. Nesta ocasión, contamos coa colaboración de Martín Souto Souto do Departamento de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela e experto en micoloxía, que nos introduciu no marabilloso e amplo mundo da micoloxía. Na xornada abordamos dende a identificación e recoñecemento dos cogomelos ata a conservación destas especies e dos seus hábitats.
Despois dunha breve introdución teórica, tivo lugar a parte práctica cunha saída ao monte para identificar as setas e os fungos da serra, desde os máis atractivos para a nosa gastronomía ata os máis perigosos e tóxicos, pudendo incluso recoller algúns exemplares para levar a casa.
Os/as participantes, puideron aprender e adquirir os coñecementos necesarios para as súas futuras saídas micolóxicas ao mesmo tempo que descansaron e gozaron dun día de outono ao aire libre en plena serra.












about 3 years ago
Ola bo día Mar! É unha pena que non poidas asistir ás xornadas, a ver se para outra actividade pode ser. Referente ao que dis, tes toda a razón, é unha pena deixar perder toda a tradición, cultura e costumes que tanto ben fixeron, por eso tratamos nas nosas actividades impulsar e dar a coñecer tan fermoso legado. Espero verte para outra.
Un saúdo
about 3 years ago
bo día, interésame moito o curso só que agora mesmo non podo, paréceme moi interesante que transmitades os coñecementos das herbas medicinais, creación d ungüentos e cremas porque é algo q se está a perder cos nosos maiores. Afortunadamente cos grupos folcklóricos a tradición musical popular permanecerá entre nós, pero a das plantas curativas, tan arraigada na nosa terra, non hai quen a recolla e transmita perdendo así unha parte da nosa identidade.
Así, espero poder participar en futuras actividades, por iso vos pediría que me mandaseis toda a información do que fagades a este email, grazas
un saúdo
Mar
about 3 years ago
[...] [Mais info, contacto e inscriçom] [...]