Achegamento ao patrimonio galego: aplicacións prácticas do seu coñecemento
Hoxe en día é moi habitual percorrer pobos e aldeas tragados polas silvas, onde o abandono de terras e casas á vez leva implícito o propio abandono da súa xente.
Non nos decatamos que estamos deixando perder parte da nosa propia existencia, cultura e tradición.
Por iso, esta fin de semana é unha alternativa destinada a todas aquelas persoas que desexen indagar máis nos coñecementos, actividades e expresións do noso patrimonio, a nosa historia, as transformacións sufridas, os costumes e o saber popular que aínda permanece nos pobos.
O obxectivo destas xornadas é achegar aos/as participantes ao noso patrimonio, o que nos aportará a información básica e necesaria para comprender a situación na que nos atopamos e a importancia da súa conservación, mostrándonos ao mesmo tempo recursos prácticos e exemplos da capacidade para vivir en coherencia e harmonía co medio.
Contidos das xornadas:
- Presentación do patrimonio ourensán como ben ambiental, social e económico.
- Análise sobre os usos actuais fronte os tradicionais.
- Aplicacións do coñecemento popular galego no día a día.
- Introdución sobre uso das plantas medicinais.
- Análise dos motivos do cambio.
- Comparación do carácter diferenciador do patrimonio segundo a situación xeográfica.
Actividades:
- Roteiro ambiental, interpretativo e etnográfico a Rebordechao, pobo típico de montaña.
- Identificación de especies vexetais silvestres e medicinais.
- Obradoiro de cremas, bálsamos, aceites…
Datas:
- 14 e 15 de novembro de 2009.
Inscricións:
- Nº de prazas: 30
- Inclúe: materiais, aloxamento e manutención.
- Prezo: 30 € , (25 € para socios/as de Amigos da Terra)
Apoia: Concellería de Igualdade, Xuventude e Voluntariado de Ourense.
Máis información:
988 374 318
info@ascorcerizas.com
Os comentarios estan pechados.