Campamento Concello de Vilagarcía
Do 5 ao 9 de agosto tivo lugar en As Corcerizas o campamento xuvenil de verán do Concello de Vilagarcía, promovido pola Concellería de Xuventude e no que participaron mozos/as de 13 a 15 anos.
Un total de 30 rapaces/zas reuníronse no Centro de Educación Ambiental co obxectivo de pasar uns días de divertimento en plena natureza.
Unha forma diferente de gozar das vacacións e adquirir, de xeito lúdico, novos conceptos e actitudes que os capacitarán para vivir en coherencia e respecto co medio nunha sociedade de futuro.
Nestes días, ademais de coñecer o singular abastecemento enerxético e construción do equipamento, realizaron unha ruta pola Serra de San Mamede, obradoiros, xogos e xincanas educativas.
Fixeron tamén chocolate grazas á cociña solar, e como non, gozaron dun divertido baño no río Arnoia.
O bo tempo acompañounos nas distintas actividades que se levaron a cabo e os mozos/as quedaron encantados con estas vacacións na montaña e con ganas de repetir o ano que ven.
Aquí estaremos esperándovos. Vémonos na Serra!!
Os comentarios estan pechados.
about 12 years ago
Ola rapazas/es que tal vai todo? Todas/os o pasamos super ben, así que xa sabedes para este verán a onde vir de campa. Mándamosvos unha enorme aperta!! Coidarse moito e esperamos veros pronto!!!
Un bico
about 12 years ago
Oohh, que recuerdos (: .La verdad, si que quedan ganas de repetir, fue una buena semana. Un abrazo, y cuidaros mucho monitores !