{"id":166,"date":"2007-03-17T14:04:18","date_gmt":"2007-03-17T13:04:18","guid":{"rendered":"http:\/\/www.ascorcerizas.com\/central\/060126wp\/wp\/?page_id=166"},"modified":"2007-03-18T12:03:21","modified_gmt":"2007-03-18T11:03:21","slug":"02","status":"publish","type":"page","link":"http:\/\/ascorcerizas.com\/central\/060126wp\/wp\/?page_id=166","title":{"rendered":"Programa de educaci\u00f3n ambiental para escolares: Sentir, Co\u00f1ecer, Actuar"},"content":{"rendered":"<blockquote><p>Propostas de diferentes xornadas tem\u00e1ticas:<br \/>\n<strong><u>Unha aposta contra o cambio clim\u00e1tico: <\/u><\/strong><\/p><\/blockquote>\n<p>O Centro de Educaci\u00f3n Ambiental As Corcerizas \u00e9 pioneiro en Galicia e referente a nivel estatal no uso das enerx\u00edas renovables para o seu autoconsumo, no eido da bioconstruci\u00f3n, e no tratamento alternativo dos residuos. A trav\u00e9s dunha visita pr\u00e1ctica e vivencial polas instalaci\u00f3ns, os\/as participantes comprender\u00e1n os problemas que se derivan do <strong>cambio clim\u00e1tico<\/strong>, \u00e1 vez que co\u00f1ecen as alternativas para vivir dun xeito m\u00e1is <strong>sostible<\/strong> sen renunciar aos niveis de benestar acadados ata o de agora.<\/p>\n<p><strong>Obxectivos:<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>Descubrir, co\u00f1ecer e comprender as interaci\u00f3ns entre humanidade e medio, baseadas nos principios de sostibilidade.<\/li>\n<\/ul>\n<ul>\n<li>Chegar a tomar conciencia da importancia do medio ambiente nas vidas coti\u00e1s e valorar  a transcendencia da mellora do entorno para mellorar a calidade de vida.<\/li>\n<\/ul>\n<ul>\n<li>Tomar consciencia e comprender a relaci\u00f3n entre Cambio Clim\u00e1tico e eficiencia enerx\u00e9tica: causas, consecuencias, melloras e relaci\u00f3n co aforro enerx\u00e9tico; aproveitamento enerx\u00e9tico activo e pasivo, eficiencia e optimizaci\u00f3n, enerx\u00edas alternativas.<\/li>\n<\/ul>\n<ul>\n<li>Asimilar o concepto de Bioconstruci\u00f3n e achegalo \u00e1s nosas vidas: desenvolvemento de todos os conceptos relacionados co impacto ambiental, social e sobre a sa\u00fade dos asentamentos humanos, a trav\u00e9s do propio Centro como exemplo pr\u00e1ctico e tanxible das alternativas existentes<\/li>\n<\/ul>\n<ul>\n<li>Co\u00f1ecer a problem\u00e1tica da xeneraci\u00f3n excesiva de residuos, as alternativas existentes para a s\u00faa xesti\u00f3n, e a importancia dos nosos actos e elecci\u00f3ns na vida coti\u00e1.<\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Propostas:<\/strong><\/p>\n<blockquote><p><strong>1. Enerx\u00edas Renovables<br \/>\n2. Bioconstruci\u00f3n e Arquitectura Bioclim\u00e1tica<br \/>\n3. Xesti\u00f3n e Tratamento alternativo de residuos<\/strong><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>Destinatarios:<\/strong> a partir de 5\u00ba de Primaria<\/p>\n<p><strong>1. Enerx\u00edas renovables<\/strong><br \/>\nDespois dunha posta en com\u00fan sobre o que son, principios b\u00e1sicos, vantaxes e desvantaxes&#8230; das enerx\u00edas renovables frente \u00e1s convencion\u00e1is, comprobar\u00e1n o funcionamento, viabilidade e an\u00e1lise das consecuencias do uso das distintas enerx\u00edas alternativas que autoabastecen o Centro de As Corcerizas: microturbina, placas solares t\u00e9rmicas e fotovoltaicas, aeroxerador, caldeiras de biomasa e el\u00e9ctrica, instalaci\u00f3n de almacenamento e distribuci\u00f3n de enerx\u00eda. Nalg\u00fans casos ser\u00e1n os propios participantes os que poder\u00e1n p\u00f3r en marcha mecanismos, facer medici\u00f3ns e controlar os par\u00e1metros da enerx\u00eda que se est\u00e1 xenerando ao seu arredor e que aporta a electricidade e a calor da que se disp\u00f3n nas instalaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>As actividades levan asociadas unha serie de <strong>obradoiros e xogos<\/strong> en funci\u00f3n das idades e n\u00famero de participantes, que se postulan como a f\u00f3rmula ideal para aprender, xogando, novas habilidades e co\u00f1ecementos.<\/p>\n<p><strong>2. Bioconstruci\u00f3n e Arquitectura Bioclim\u00e1tica<\/strong><br \/>\nAs\/os participantes descubrir\u00e1n a utilidade de co\u00f1ecer os criterios e t\u00e9cnicas utilizados en Bioconstruci\u00f3n e na Arquitectura Bioclim\u00e1tica e as vantaxes da s\u00faa aplicaci\u00f3n na vida real. Co\u00f1ecer\u00e1n novos materiais non contaminantes nin t\u00f3xicos, a posibilidade de empregar outros reutilizables e reciclables, e o respeito pola cultura popular. Poder\u00e1n analizar os criterios paso a paso, seguindo o exemplo de construci\u00f3n sostible do propio Centro de As Corcerizas.<\/p>\n<p><strong>3. Xesti\u00f3n e Tratamento Alternativo de Residuos<\/strong><br \/>\nO exceso actual na xeraci\u00f3n de residuos fai cada vez m\u00e1is dif\u00edcil a s\u00faa xesti\u00f3n. A trav\u00e9s dunha serie de actividades e obradoiros, os\/as participantes empezar\u00e1n a asimilar conceptos como o de Consumo Responsable e Prevenci\u00f3n de residuos. Comprobar\u00e1n \u201cin situ\u201d o tratamento alternativo que se lle da aos residuos s\u00f3lidos a trav\u00e9s da compostaxe e a vermicompostaxe, tendo a posibilidade de constru\u00edr o seu propio vermicomposteiro dom\u00e9stico e co\u00f1ecer as vantaxes e inconvintes das diferentes t\u00e9cnicas. Tam\u00e9n as augas residuais do Centro te\u00f1en un tratamento biol\u00f3xico e innovador en Galicia, xa que son depuradas nunha balsa de plantas acu\u00e1ticas da familia das Macrofitas. Aprender\u00e1n os pasos da s\u00faa construci\u00f3n e funcionamento, xa que este proxecto se levou a cabo, por primeira vez,  a trav\u00e9s de voluntariado.<\/p>\n<p align=\"right\">[<strong><a title=\"Sentir, Co\u00f1ecer, Actuar.\" href=\"http:\/\/www.ascorcerizas.com\/central\/060126wp\/wp\/?page_id=164\">Voltar<\/a><\/strong>]<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Propostas de diferentes xornadas tem\u00e1ticas: Unha aposta contra o cambio clim\u00e1tico: O Centro de Educaci\u00f3n Ambiental As Corcerizas \u00e9 pioneiro en Galicia e referente a nivel estatal no uso das enerx\u00edas renovables para o seu autoconsumo, no eido da bioconstruci\u00f3n, e no tratamento alternativo dos residuos. A trav\u00e9s dunha visita pr\u00e1ctica e vivencial polas instalaci\u00f3ns, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":164,"menu_order":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","template":"","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"footnotes":""},"class_list":["post-166","page","type-page","status-publish","hentry"],"jetpack_sharing_enabled":true,"jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/P7kmhj-2G","_links":{"self":[{"href":"http:\/\/ascorcerizas.com\/central\/060126wp\/wp\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/166","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/ascorcerizas.com\/central\/060126wp\/wp\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"http:\/\/ascorcerizas.com\/central\/060126wp\/wp\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/ascorcerizas.com\/central\/060126wp\/wp\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/ascorcerizas.com\/central\/060126wp\/wp\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=166"}],"version-history":[{"count":0,"href":"http:\/\/ascorcerizas.com\/central\/060126wp\/wp\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/166\/revisions"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/ascorcerizas.com\/central\/060126wp\/wp\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/164"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/ascorcerizas.com\/central\/060126wp\/wp\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=166"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}