As Corcerizas abre as súas portas en Semana Santa
Para todas as persoas que esta Semana Santa busquen relaxarse, gozar de fermosas paisaxes, e coñecer as tradicións da nosa cultura, a Serra de San Mamede convértese na mellor das opcións.
O albergue de As Corcerizas abre as súas portas para todas/os aquelas/les que estean interesadas/os en coñecer diversas alternativas de vida sostible ao mesmo tempo que se converte nun lugar de descanso e disfrute, dunha serra mítica, chea de lendas e historia.
Para complementar estes días de ocio e tempo libre, vos ofrecemos unha ruta guiada polo “Bidueiral de Montederramo”, zona LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) dentro de Rede Natura 2000, cunha superficie de 1.948,55 ha. e de altitude variable entre os 959 m. e os 1600m.

Nesta andaina, coñeceremos un dos mellor bosques autóctonos da provincia de Ourense, caracterizado pola súa abundancia de bidueiros e o alto grao de biodiversidade que alberga no seu interior.
Identificaremos os rastros e sinais da fauna do entorno, e analizaremos as diferentes paisaxes que fan desta serra unha das máis ricas e variadas da comunidade galega.
Duración: aproximada de 6 horas con parada para comer.
Dificultade: media- alta.
Información e inscricións:
988 374 318
info@ascorcerizas.com


Programa Xeral
Programa Escolar:
Portada

Borja comenta:
Abril 2, 2009 @ 8:59 p.m.
Ola, son Borja estaba interesado en pasar por As Corcerizas e poder velas sen neve. Quería saber que días son as excursións e que días ides a estar por alí.
Rebeca Carreiro comenta:
Abril 3, 2009 @ 12:40 p.m.
Ola moi boas! A ruta será o venres 10 de abril. Sairemos sobre as 10 da maña, pero é convinte estar un pouco antes para irnos coñecendo e falar un pouco do que vai ser o día. Lembrade que hai que levar o xantar! O custe é de 5 euros/persoa.
De todas formas se vos apetece pasar uns días no albergue, nos imos estar toda a semana santa. Así que xa sabedes…vos esperamos!
Un saúdo.
xoan comenta:
Abril 3, 2009 @ 8:34 p.m.
menos mal que voltades as corcerizas, pois xa pensei que vos esquecerades de tán fermosio paraxe… pois nada no mundo se pode comparar en beleza… todo a seu redor é un fantastico tapiz de cores amarelos, lilas `bermellos e brancos… os cantos dos cucos das rolas e dos riseñores… que espectaculo e recreo para os sentidos que só ali podremos disfutar… xa o decia cheo de razon o señor manolo o vilas de Arnuide… unha gran persoa que dende o Ceo sigue a loitar por ese albergue que tanto quixo… bicos e sorte para as corcerizas e para quen teña a ledicia de poder disfrutar de toda a beleza de ese PARAISO… coidade sempre das corcerizas porque tanto con neve coma con frores son… ESPECTACULARES. un bico dende moi lonxe.
xoan comenta:
Abril 3, 2009 @ 8:41 p.m.
moita sorte para AS CORCERIZAS… en primaveira non veredes mais fermoso paraiso…